Nesta primeira edición o evento estará enfocado no estudo e análise das institucións xurídicas e o tratamento político da violencia sexual no eido interno e internacional

 
Como establece a Exposición de Motivos do Anteproxecto de Lei Orgánica de Garantía integral da liberdade sexual “La ciudadanía supone el ejercicio de todo un conjunto de derechos humanos ligados a la libertad y a la seguridad, que están íntimamente relacionados con la libertad de movimiento y de uso de los espacios, pero también con las relaciones personales y la capacidad de decisión sobre el propio cuerpo. El acceso efectivo de las mujeres y las niñas a estos derechos ha sido históricamente obstaculizado por los roles de género establecidos en la sociedad patriarcal, que sustentan la discriminación de las mujeres y penalizan, mediante formas violentas, las expresiones de libertad contrarias al citado marco de roles. En su expresión física y también simbólica, las violencias sexuales constituyen quizá una de las violaciones de derechos humanos más habituales y ocultas de cuantas se comenten en la sociedad española, que afectan de manera específica y desproporcionada a las mujeres y a las niñas, pero también a los niños”.

Trátase, en definitiva, de examinar o impacto das políticas e das achegas xurídicas no seu intento por erradicar as distintas formas de violencia sexual, en tanto que supoñen unha violación do dereito fundamental á liberdade, á igualdade e dignidade da persoa, á sua integridade física e moral e, desgraciadamente, en ocasións, á propia vida. Nos distintos relatorios analizase o tratamento xurídico e psicosocial das medidas de protección e sanción das condutas sexuais a partir do seu tratamento nos tratados e convenios internacionais e na normativa nacional de distintos Estados da UE e doutros países iberoamericanos.

Dentro deste contexto, e na situación actual de pandemia, o congreso celebrarase na modalidade “webinar” e presencial, ben por Campus Remoto ou físicamente para aqueles que o desexen nas instalacións das Facultades de Dereito do campus de Ourense da Universidade de Vigo, ou na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo, tamén da Universidade de Vigo.

A iniciativa basease nas accións de internacionalización presentes nos proxectos institucionais de todos os implicados, obxectivando a produción cualificada e representante de realidades comparadas. O congreso internacional pretende ser un foro de discusión e intercambio de experiencias das realidades actuais sobre a violencia sexual e o seu tratamento dende a experiencia histórica á situación actual en distintos textos normativos, nacionais e internacionais.

A intervención dos académicos proporcionará a posibilidade de participación activa no evento, non soamente en calidade de oíntes como tamén pola presentación de traballos e comunicacións, previamente seleccionados, nos grupos temáticos desta web.